xoves, decembro 08, 2005

Rubiáns e Sobradelo sumaranse en breve prazo á listaxe de parroquias e lugares de Vilagarcía que contan cun centro sociocultural. En ambos os lugares, os traballos están practicamente concluídos e pendentes só das últimas comprobacións e tramites administrativos que, en cuestión de días, terán como colofón a entrega das obras ao Concello.

No centro de Sobradelo acábase de adxudicar a primeira fase de dotación de mobiliario: mesas, cadeiras e librerías, por un importe de catro mil euros. En Sobradelo construíuse un edificio de 553 metros cadrados, distribuídos en semisótano, planta e aproveitamento baixo cuberta. Dispón dun local multiusos, un despacho para cada unha das asociacións da parroquia e servizos. O investimento da obra ascendeu a 381.000 euros.

O investimento no centro sociocultural de Rubiáns sumou preto de 300.000 euros. Trátase dun edificio dunha única planta cunha superficie útil de 540 metros cadrados, ordenados ao redor dun espazo central que serve de vestíbulo con salón de actos e zona de aulas.

Outras obras que están en marcha, aínda que neste caso moito máis atrasadas -estanse colocando aínda os tabiques-, son as do centro sociocultural de Vilaxoán, para o que se destinaron 500.000 euros. Este centro disporá de espazos para o adestramento de remo e almacenaxe de embarcacións. O edificio terá unha superficie de máis de mil metros cadrados, con dúas áreas diferenciadas: lúdica e deportiva.

Coa entrada en funcionamento destes centros, o Concello dá un paso máis no obxectivo de dotar a cada núcleo de poboación dun centro sociocultural. Actualmente xa hai este tipo de instalacións de San Roque, A Torre, Trabanca Badiña, Bamio, Carril, Guillán, Cea, Castroagudín, Cornazo, O Piñeiriño, Fontecarmoa, Trabanca Sardiñeira e Galáns. Ademais, o Concello colabora con outros centros, non municipais, situados no Sixto, A Laxe, Zamar e Renza.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.