venres, decembro 23, 2005

Concello de Vilagarcía acaba de solicitar á Consellería de Medio Rural distintas obras por un valor total de 250.000 euros. A petición prodúcese despois de que o departamento autonómico comunicase a próxima posta en marcha dun plan estratéxico de investimentos, invitando á presentación de propostas. Terán prioridade aqueles proxectos que incidan na base produtiva do sector primario.

As actuacións que o Concello pretende acometer son a terminación das redes de saneamento en Aralde, O Freixo e Lago Cea, a pavimentación e construción dun muro en Mingoliña e a pavimentación de Balada-Soutelo.

En Aralde e O Freixo, lugares pertencentes á parroquia de Sobrán, preténdese instalar novas tubaxes para, posteriormente, proceder á reposición de firmes e á conexión coa rede en funcionamento. No primeiro caso, o orzamento ascende a 64.000 euros, 45.000 no segundo.

En Lago, parroquia de Cea, colocaranse trescentos metros lineais de colectores de saneamento e instalarase unha estación de bombeo de augas residuais e tubo de impulsión. Os traballos completaranse coa reposición dos firmes e a conexión coa rede de rede de sumidoiros. O seu orzamento é de 65.000 euros.

En Faxilde pavimentarase o camiño da Mingoliña. Os traballos, cun custo de 27.000 euros, consisten no rasante e a preparación do viario para o seu pavimentación con aglomerado asfáltico en quente. A obra beneficiará a un tramo de 280 metros de lonxitude. A última das obras solicitadas é a pavimentación do camiño de Balada, en Cornazo, a Soutelo, en Rubiáns. Cunha lonxitude de 550 metros e unha anchura de seis, a vía será obxecto dun investimento de 47.000 euros.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.