martes, setembro 06, 2005

?ndependientes por Vilagarcía, a formación que lidera José Luis Rivera, acaba de presentar un escrito polo que solicita á alcaldía que se adopten toda unha serie de actuacións en Rubiáns.

Rivera manifesta a súa inquietude polo peche metálico dunha leira, suxeito con cadeas a árbores de propiedade pública, de tal forma que tapa a cuneta do camiño de Rubiáns de Arriba e ocupa a calzada. Así mesmo, repara na caída dun poste de iluminación pública que é preciso repor. E recolle unha petición veciñal para dotar á contorna da igrexa parroquial e o cemiterio duns servizos hixiénicos públicos. Para iso, sinala o líder de Ivil, ben puidesen aproveitarse as ruínas dunha edificación existente no atrio do templo.

Un parque sen bancos

Sorpréndese, para rematar, Rivera, do feito de que o parque da Concha sexa, seica, «o único de España que carece de bancos». Por iso, suxire que «quen corresponda» -en referencia velada ao próximo presidente portuario- tal desaguisado.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.