martes, agosto 02, 2005

O conflito xerado pola proposta que Augas de Galicia presentou ao goberno local para emendar os problemas que causa o lavadoiro de Soutelo, non foron aceptados polos veciños de Rubiáns.

Desta forma, o conxunto veciñal fíxollo saber ao Concello a través dun escrito. O executivo reconsiderou a súa postura e decidiu remitir a proposta veciñal ao organismo autonómico.

O goberno local considera que non debe adoptar unha solución a un problema que non é da súa competencia. Os veciños de Rubiáns oponse á realización do proxecto deseñado por Augas de Galicia.

Finalmente, a resolución do conflito, segundo os veciños, consiste na limpeza do leito do río e a reforma das comportas que regulan o nivel da auga. Co obxectivo de evitar inundacións provocadas polo estancamento do líquido, e en caso de choivas torrenciais, sería necesario cambiar as comportas.

(Fuente: M.A., La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.