mércores, xullo 27, 2005

Tres anos despois de que se iniciase o conflito, o problema do lavadoiro de Soutelo continúa coleando. Onte pola mañá, un grupo de vinte veciñas da parroquia vilagarciá de Rubiáns concentráronse no río Leiro, fronte ao elemento en disputa, e impediron que tres operarios municipais e de Augas de Galicia levasen a cabo unha resolución do ente autonómico para intentar solucionar as inundacións na zona e, ao mesmo tempo, garantir o funcionamento do tradicional enclave.

Esta proposta, que puxo sobre a mesa a Consellería de Medio Ambiente o pasado decembro, consiste, basicamente, na reforma do lavadoiro de tal forma que se elimine unha das dúas comportas que no seu día instalou o Concello e divídase a canle da auga. Así, unha parte do río pasaría a correr libremente, mentres que a outra seguiría discorrendo cara ao estanque de lavado.

As veciñas de Rubiáns discrepan totalmente. En primeiro lugar, aseguran que non existe unha resolución firme de Augas de Galicia que sexa comunicada ás partes, tras a demanda presentada polo colectivo. Engaden que, de dividirse efectivamente o río, o lavadoiro quedaría inutilizado na práctica. Recordan, para rematar, que a orixe do problema está nas actuacións irregulares que levou a cabo unha veciña, modificando o comportamento da canle, e que aínda non foron corrixidas.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.