venres, xullo 29, 2005

O Concello de Vilagarcía e os veciños de Rubiáns tartarán de acordar unha proposta de mellora do lavadoiro de Soutelo. Esta é a principal conclusión dunha reunión mantida onte entre o concelleiro de Obras, Manuel Rodríguez Cuervo , o enxeñeiro municipal, o avogado dos afectados e unha representación do colectivo veciñal.


No encontro, os veciños manifestaron a súa oposición á división do lavadoiro, que Augas de Galicia indicou ao Concello. Neste sentido, o Concello asegurou aos veciños que a súa intención para nada pasa por crear un enfrontamento. O luns abordaranse alternativas conxuntamente, que serán comunicadas á Xunta

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.