As escavacións que se están facendo para a nova liña ferroviaria están afectando, sobre todo, ás canles das augas, tanto os de carácter público como os privados. Así, un manancial de uso veciñal quedouse sen subministración, e un pozo privado quedou seco tamén por mor das obras.
Segundo denuncian os veciños, os despefectos non quedan aí, porque tamén hai un lavadoiro e unha fonte de carácter público por cuxos caños xa non flúe auga, e tamén está seco un pozo que se utiliza para a rega das leiras.
Despois de que onte visitásense in situ os lugares afectados, os técnicos de Fomento comprometéronse a estudar a situación. De momento só deron solucións para o pozo de rega, que din que se reporá en canto finalicen as obras.
Pero os veciños temen que o asunto vaia para longo, porque unha vez feitas as novas vías aínda teñen que construír un novo paso para os peóns que substitúa noutra localización ao que foi levantado no ano 1991, que ten unha pendente excesiva.
(Fuente: La Voz De Galicia)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario