sábado, febreiro 26, 2005

Cada vez que chovía, os nenos tiñan unha boa escusa para non ir ao colexio de Rubiáns: había que remangarse os pantalóns para entrar. As tubaxes que atravesan o viario que accede ao centro recollían a auga da maioría dos mananciais da zona de Zamar, e naquel momento estaban atascadas, por iso é polo que cada vez que chovese producísense as inundacións.

Ante as queixas dos responsables do centro e dos industriais da zona, o concello enviou aos seus obreiros para tratar de limpar as canaletas. Pero, neste caso, foi peor o remedio que a enfermidade. Ao parecer, os operarios abriron un dos condutos para tratar de canalizar a auga polo outro, pero este último estaba atascado. En só uns minutos, a auga alagou toda a rúa a un altura superior á que rexistraba cando chovía.

Para solucionar o desaguisado, Ravella viuse obrigado a solicitar ao Concello de Vigo un camión especial para desatascar tubaxes, aínda que o problema non logrou resolverse ata a tarde, segundo informou o concelleiro de Obras, Manuel Rodríguez Cuervo.

(Fuente: Antonio Garrido, La Voz De Galicia)
(Foto: Victor Mejuto)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.