luns, febreiro 14, 2005

A empresa Seixo acaba de dar inicio ás obras coas que o centro veciñal de Rubiáns quedará completado. Nelas, o Concello de Vilagarcía inviste 180.000 euros, cos que se finalizará a estrutura, a cuberta, a albanelería, os revestimentos e a carpintería, e instalaranse fontanería e sanitarios, así como sistemas eléctrico e de protección. O tramo conxunto dos traballos teñen un orzamento global próximo aos 300.000 euros.

O inmoble estase construíndo nunha parcela de 2.625 metros cadrados de superficie, situada no núcleo da Bouza, nas inmediacións do campo da festa e lindeira ao atrio da igrexa parroquial.

O edificio, dun só piso e unha superficie útil de 540 metros cadrados, disporá dun local multiusos, con posibilidade de acoller bailes ou exposicións, un espazo para biblioteca, dúas aulas, dous despachos, cafetería e aseos. Ordénase ao redor dun espazo central que serve de vestíbulo e separación entre o salón de actos e a área das aulas, permitindo desta forma usos independentes.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.