luns, decembro 06, 2004

(...) niveis varios expedientes informativos e algunhas conversacións entre os responsables do Concello de Vilagarcía e de Augas de Galicia, o conflito que desde fai tres anos mantén a propietaria dunha vivenda situada á beira do río Leiro, en Soutelo (Rubiáns) e os usuarios dun lavadoiro próximo podería entrar en vías de solución.

A proposta remitida desde a Consellería de Medio Ambiente implica a reforma do actual lavadoiro e a desaparición dunha das comportas. O novo lavadoiro ocuparía só unha parte do leito do río. Augas arriba sería necesario construír unha canle para desviar a auga. Utilizaríanse para iso elementos prefabricados, co fin de usar a menor cantidade posible de formigón.

O goberno local solicitou á Xunta que atrase a execución do proxecto ata a primavera, posto que considera que o inverno non é a mellor época para realizar estas obras. En todo caso, os técnicos do Concello xa empezaron a elaborar o proxecto.



(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.