A Policía Nacional de Vilagarcía levou unha sorpresa o sábado cando acudiu a Rubiáns tras recibir unha chamada avisando dun roubo no bar Altamira. De camiño, a patrulla atopouse a un home que ía cun xamón e que, ao ver aos gardas, tirouno na cuneta. Estrañados por semellante comportamento, interrogárono, e o home alegou que o pernil atopárallo na rúa. Cacheárono e lle encontaron billetes de lotería e moedas, que supostamente, levouse do bar.
O detido, L. P. L., de 32 anos e natural de Vilagarcía, quedou onte en liberdade con cargos tras declarar nos xulgados. O home xa tiña antecedentes.
(Fuente: La Voz De Galicia)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario