Un curtocircuíto puido provocar o lume que esnaquizou dous camións e a cabina de pintura
Pasaban as sete da tarde cando os veciños de Rubiáns oíron unha forte explosión no interior da nave de Automoción A Junquera e viron saír fume do recinto. Ao instante saíron os traballadores, aínda que os máis atrevidos quedaron para retirar os coches e salvalos dun lume que, no medio da confusión descoñecían como se orixinou.
Non tardaron os bombeiros do parque comarcal e os voluntarios de Protección Civil en chegar ao lugar do suceso para sufocar as chamas. As rodas dos camións queimados e a explosión dunha bombona de gas deu maior espectacularidade a un incidente que se saldou sen feridos, pese traballar nese momento un centenar de persoas e haber cerca disolventes e pinturas tóxicas que puideron ocasionar unha gran traxedia.
O lume extinguiuse ás 21.40 horas. O balance, danos materiais aínda sen cuantificar pero importantes: a cabina de pintura, dous camións, e o teito da nave.
Suponse que o lume se orixinou por un curtocircuíto nos ventiladores da cabina de pintura, por mor das altas temperaturas.
Non foi o único incendio da xornada. O Grumir do Grove apagou onte un coche que ardeu na rúa Xoán XXIII por un fallo no motor
(Fuente: Susana Luaña, La Voz De Galicia)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario