venres, xaneiro 23, 2004

A comisión de goberno de Vilagarcía acordou o pasado luns informar desfavorablemente sobre a concesión de licenza a unha estación de telefonía móbil ao entender que non se axusta á ordenanza que sobre este tipo de instalacións puxo en marcha o goberno local.


A antena, que se levantou antes de obter a licenza definitiva, sitúase no lugar de Soutelo, en Rubiáns. O goberno local asegura que a solicitude de Telefónica Móbiles S.A. nin se axusta á altura indicada na ordenanza, xa que supera os trinta metros fixados como máximo, nin cumpre a orde de situarse na ladeira do monte a unha determinada distancia dos núcleos urbanos. Pero ademais, a instalación está cerca do colexio de Rubiáns, circunstancia que a entender do goberno local «esixe que se aplique con rigor ou principio de cautela».

En todo caso a decisión final deberá adoptala a Consellería de Medio Ambiente, polo que o goberno municipal acordou dar traslado do expediente completo a devandito organismo.

A ordenanza aprobada polo Concello sobre instalacións de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas data do 27 de marzo do 2003, e ten por obxectivo regular a proliferación destes artefactos.

Fuente: La Voz De Galicia

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.