sábado, decembro 20, 2003

A traxedia golpeou onte con forza a unha familia de Rubiáns (Vilagarcía). Unha nena de tres anos caeu á piscina do xardín da súa casa e afogouse. O seu corpo foi atopado pola policía nacional, que fora alertada pola nai da pequena ao non lograr atopala por ningún lado.


Onte pola tarde, familiares e amigos concentrábanse ante a vivenda marcada pola traxedia. A avoa da nena relataba como se produciu o triste suceso. «A min chamoume a miña filla, moi preocupada porque non atopaba á nena. Cando cheguei, xa estaban aquí os gardas. Estiveron movendo a auga cun pau, e a pequena saíu á boia», recordaba angustiada.

Varios intentos

Antes da chegada dos policías, a nai da nena xa se introduciu na piscina, situada na parte traseira da casa, varias veces. «Non estaba tapada. A auga estaba moi sucia, de cor verde, e non se vía nada. A miña filla meteuse, pero non a atopou. Di que a primeira vez que entrou na auga oíuna chorar. E ademais estaba segura de que a nena non fora para a rúa», recordaba a avoa.

Cando o corpo da pequena foi achado xa era demasiado tarde. «Botou un pouco de auga, pero xa era demasiado tarde. Xa estaba morta», explicaba a muller, que recoñecía que toda a familia estaba esnaquizada por estes dramáticos acontecementos.

Ao longo da tarde, numerosos amigos acudiron á casa de Rubiáns para mostrar o seu apoio aos pais da menor

Os axentes da policía nacional de Vilagarcía de Arousa trasladados ao lugar permaneceron alí ata que se produciu o levantamento do cadáver, ao redor das dúas da tarde.

Tras ser rescatado, o corpo da pequena foi trasladado a Pontevedra, onde se lle ía a practicar a autopsia. O enterro da nena terá lugar mañá.

Fuente: La Voz De Galicia
Foto: Victor Mejuto

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.