mércores, novembro 12, 2003

Unha absurda disputa familiar -os veciños aseguran que se iniciou porque o quentador da vivenda non funcionaba- finalizou onte cunha muller de 43 anos ingresada na clínica viguesa de Povisa, con severas queimaduras, e co seu fillo, o autor da agresión, en prisión por un delito de lesións.


A rifa desatouse no domicilio que nai e fillo -C.B.D., de 43 anos, e A.P.B., de 21- comparten na parroquia de Rubiáns, en Vilagarcía. Ao parecer, o mozo, que se dispuña a tomar unha ducha, abandonou, furibundo, o baño ante a ausencia de auga quente e dirixiuse á cociña, onde a muller procedía a ferver auga para solucionar o problema. En plena discusión, o mozo colleu a pota e baleirou o contido sobre a súa nai. O agresor foi detido.

Fuente: La Voz De Galicia?

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.