sábado, setembro 06, 2003

PP de Vilagarcía denuncia que existen deficiencias urbanísticas que dificultan a fluidez do tráfico. Neste contexto alertan da mala colocación dos pasos de peóns da estrada de Rubiáns, demasiado afastados dos accesos ao cemiterio e o tanatorio, a xuízo do PP.

Tamén piden que se regule o semáforo das Carolinas, pois a densidade de tráfico cambiou unha vez aberto o paso a nivel cara a Trabanca.

Para rematar denuncian deficiencias nas prazas de aparcadoiro para minusválidos «pois son escasas e non estan ben situadas», sinalan os populares.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.