venres, abril 25, 2003

Doce mil euros investirá a Consellería de Cultura na restauración do retablo barroco da igrexa de Santa Plácida na parroquia vilagarciá.

Por iso é polo que se emprenderon as tarefas para a súa reconstrución. Unhas actuacións nas que o departamento autonómico ten previsto investir unha partida de doce mil euros. Da restauración do retablo encárgase a empresa Ábside, á que foron contratadas os labores. Operarios desta firma estaban onte realizando os primeiros traballos para a recuperación da obra.

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta encargarase do financiamento desta primeira fase de obras na igrexa de Rubiáns. A intención do departamento é que nunha segunda etapa poidan restaurarse as pinturas da parte lateral do templo, cuxo estado de conservación é tamén bastante malo.

En calquera caso, esa actuación terá que esperar, posto que, tal e como comentou a delegada, «son moitas as obras necesarias na provincia e trátase de priorizar».

(Fuente: María Santalla, La Voz De Galicia)
(Foto: Victor Mejuto)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.