mércores, febreiro 05, 2003

A Concellería de Cultura destinará este ano 20.600 euros ao funcionamento dos centros culturais do municipio a través da renovación dos convenios que se asinan coas asociacións que se encargan da xestión e mantemento das instalacións. A cantidade supera nun catro por cento a investida o ano pasado, coa excepción da asociación de veciños San Miguel de Trabanca Badiña que recibirá unha cantidade maior polas obras de ampliación do edificio, o que implicará incrementar o número de actividades na parroquia.


En total, serán doce asociacións de mulleres e veciños as que se beneficiarán destas axudas:
O Fogar do Pescador - 5.207
A Golpelleira da Torre - 3.671
San Miguel - 1.803
Asociación de mulleres rurais Xiabre - 1.502
Asociación O Con de Galáns - 1.502
Breogán do Piñeiriño - 1.502
Os Anxos de Trabanca Sardiñeira  - 1.502
Agustín Romero de Cornazo - 502
Irmandade de Cea - 335
San Roque - 1001
0sociación de mulleres Alambique de Rubiáns - 834
A Revolta de Zamar - 734.

Actividades

Con estes convenios, que o Concello asina todos os anos coas asociacións que se encargan da xestión dos centros culturais das parroquias, axúdase a sufragar tanto os gastos de mantemento dos edificios como as actividades que se organizan en beneficio dos cidadáns.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.