martes, abril 30, 2002

Os gañadores da ONCE traballan en empresas de Rubiáns, onde tocou a lotería de Nadal


A fortuna prefire Rubiáns, non cabe dúbida. Na mesma recta onde fai tres anos tocou o segundo premio da lotería de Nadal viven ou traballan os agraciados polo sorteo da ONCE do pasado domingo. Jesús Fernández García, un dos donos do concesionario Mercedes Benz, é o afortunado co «sueldazo» de 6.000 euros (998.316 pesetas) anuais por 25 anos. Outros cupóns premiados con 3.000 euros (499.158 pesetas) recaeron en empregados do taller Buenos Aires. Todos eles adoitan reunirse, como non, no bar Alegría, o centro neurálxico dos agraciados polos xogos de azar.
Jesús Fernández García debe de ser un dos poucos residentes en Rubiáns aos que non lle tocou a lotería cando, no sorteo do Nadal de 1998, a sorte repartiu entre os clientes do bar Alegría máis de seis millóns de euros (998,32 millóns de pesetas). A fortuna deste empresario estaba reservada para mellor ocasión e con máis suculento beneficio. A partir de agora recibirá todos os anos 6.000 euros (998.316 pesetas). é o gañador do sueldazo da ONCE.


No seu concesionario sempre se compra o cupón. «Antes colliámosllo ao collo, e agora a esta moza. Sempre comprabamos o do venres, pero eu ademais collo tamén o do fin de semana». O luns comentábase no seu taller que tocara en Vilagarcía. «Se o teño eu xa se saberá», pensou.

Pola tarde, no establecemento de calzado que a súa muller ten en Vilagarcía, decatáronse da boa nova. «Miraron no California, e cando mo dixeron non o cría. Díxenlles que fosen buscar o xornal, para asegurarme».

Onte, a familia comía tranquilamente, como calquera outro día, na súa casa de Rubiáns. «Imos seguir como sempre. é certo que supón unha tranquilidade, porque o patrimonio está asegurado, pero eu o único que pido é que non me cambie a vida. Pasámolo mal para saír adiante, pero agora os fillos son xa maiores e están traballando. O que xa tiñamos si que é unha lotería. Iso si, teremos vacacións, gústanos viaxar».

(Fuente: Susana Luaña, La Voz De Galicia)
(Foto: V.Mejuto)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.