Segundo os responsables municipais, este feito permitirá sacar a contratación, en breve, os traballos precisos.
O montante, de 9.801.948 pesetas, servirá para realizar, en primeiro lugar, o movemento de terras. Éste consistirá na retirada da capa de terra vexetal, unha escavación ao descuberto por medios mecánicos e, para rematar, o recheo, estendido e apisonado de terras.
Ampliación da rede municipal
Unha vez realizada a cimentación, en formigón, o Concello procederá a instalar o saneamento horizontal -arquetas e tubaxes- e, finalmente, a construción da estrutura do novo complexo.
A construción do centro cultural de Rubiáns conta cun orzamento total de cincuenta millóns de pesetas. O proxecto foi aprobado fai escasas semanas, e comezará con cargo a unha partida habilitada polo propio Concello.
Esta actuación foi aprobada xunto á do novo centro sociocultural da parroquia de Fontecarmoa, que tamén se atopa en fase de proxecto. Con elas, a rede municipal ampliarase a 18 centros.
(Fuente: La Voz De Galicia)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario